Mouguias
Madmaxista
- Desde
- 15 Mar 2007
- Mensajes
- 5.074
- Reputación
- 13.190
O mejor dicho, mas que ridiculizarlos, deja que se pongan en ridiculo solitos. Buena cura de humildad para los que se burlan de los yanquis:
“Españoles en el mundo”: mínima antoloxía do disparate turístico
Debería haber unha palabra -e, se cadra, xa exista (agradezo comentario)- para describir esas conversas collidas, involuntariamente, ao voo no medio dunha multitude. Esa irrupción sen querer nunha conversa involuntaria que chega ás túas orellas como un peixe que se engancha accidentalmente nunha rede coa malla máis pequena. Teño a sensación de que cando estás nun país cunha lingua allea a atención magnifícase en canto se escoita algo nunha lingua próxima. Prestamos máis atención a esas frases soltas intercambiadas entre estraños nunha cola, nun grupo próximo ou na mesa do carón, da que lle prestariamos aquí.
Durante a viaxe que fixemos este verán a Escocia -cunha pequena parada en Londres- cruzámonos con moitísimo turista español, pero unicamente nos puntos de masificación turística (Lago Ness, castelo de Edimburgo, Torre de Londres). Uns poucos quilómetros alén do tour programado ou do libro de Historia de secundaria, o turista español adoita desaparecer. Foron moitísimas as frases recollidas ao chou que fan reflexionar sobre que é o que realmente percibe moita xente cando vai ao estranxeiro, cales son as motivacións da viaxe e cantas destas motivacións son persoais e cantas, realmente, son sociais, de estatus, de inercia, etc. E faime graza porque este Estado é un lugar no que a xente adoita ter un concepto culturalmente moi elevado de si mesmos: aquí reina o chiste do americano inculto e que viaxa sen saber por onde anda, ou a risa pailana sobre o mal que fala inglés aquel ou aquela que se atreve a facelo en público. A realidade, percibida ao chou, é terrible. Xuro por Snoopy que estas dez frases foron escoitadas e son reproducidas literalmente. E deixámolo en dez, como unha mínima selección, porque, desde logo, non nos parecía unha ocupación interesante do verán andar a recoller frases do estilo.
Como veredes, máis que ignorancia -que tamén-, o que resumen é a arrogancia dun turista que viaxa sen saber por onde anda e cun interese mínimo pola propia idea de viaxe.
1. British Museum. Sala do Partenón. Señor duns cincuenta anos a un amigo. “Pepe, esas dos rusas de ahí seguro que quieren rollo”.
2. Aeroporto de Stansted. “Me voy de aquí y todavía no sé qué shishi es el porridge ese”.
3. Castelo de Edimburgo. “¿Quillo, pero entonces estos se van con Irlanda o no se van con Irlanda?”
4. Castelo de Stirling. Referíndose aos marabillosos medallóns renacentistas do pazo de Xacobe V: “Estos botones los hacían para tapar las humedades”.
5. Castelo de Stirling. “Hazle foto también a la reconstrucción en 3D”, en referencia a unha maqueta posta nunha mesa.
6. British Museum. Neno duns 8 anos: “Papá dijo que nos encontráramos en la sala 25″. Nai: “A mí lo que diga tu padre me la rezuma, ¿eh? Me la rezuma”.
7. Camera Obscura de Edimburgo. Xogo de espellos deformantes na rúa. “Vamos a entrar aquí que esto sí que es divertido”.
8. Torre de Londres. “Vente, vente, que aquí están los cuervos del poema”. A señora debeu pensar que os corvos homenaxeaban o poema de Poe, así que debeu levarse un chasco ao saber que tiñan que ver, máis ben, cunha profecía para Carlos II.
9. Fort William. Comedor dun Bed & Breakfast. Moza adolescente: “¿Probamos el desayuno escocés?”. Nai: “Vamos a comer cosas normales. Vete tú a saber qué tiene eso”.
10. Fort William. “¡Tanta historia con la cerveza y luego son incapaces de servírtelas frías!”. En referencia a unhas cask ales, as cervexas de barril, que están sen filtrar, e que se sirven simplemente frescas, case mornas, na cultura local.
Ollo, con isto non quero dicir que o turista español sexa máis burro que o resto. Seguro que se din as mesmas barbaridades en italiano, en inglés, en alemán ou en francés, pero faime graza que sempre se vexa a palla no ollo alleo.
Por certo, dirán que non hai ningunha frase en galego. É certo. É que só escoitamos falar en galego unha vez. Foi na habitación dedicada ao pazo real asirio de Nimrod no Museo Británico. Un pai amosáballe un marabilloso friso ao seu fillo e dicíalle:
“Fíxate, a escena representa a xerarquía de poder establecida dentro da corte e do exército de Asurbanipal e exemplifica a gloria do soberano na captura desta cidade inimiga”.
Que cadaquén xogue a sacar a conclusión que queira (se é que se pode, que non creo)