Kavernikola
Madmaxista
- Desde
- 26 Nov 2011
- Mensajes
- 787
- Reputación
- 1.134
A presión social obriga a Xunta a deter as fumigacións tóxicas de eucaliptos - Praza Pública
Resposta do Valedor do Pobo á Plataforma contra as fumigacións | Plataforma contra as Fumigacións
A presión social consegue que a Xunta desautorice as fumigacións aéreas co pesticida Cascade | Plataforma contra as Fumigacións
Dedicado a todos aquellos que dicen que protestar no sirve de nada, que para eso ya votamos cada cuatro años, que para qué meterse en líos, que con los que mandan mejor no meterse no vaya a ser, que si total eso no arregla nada, que yo voy a lo mío, que tengo vez en la peluquería, que quedé para ver el partido por la tele con unos colegas, que bla bla bla bla bla....
Más información aquí:A presión social obriga a Xunta a deter as fumigacións tóxicas de eucaliptos
Miguel Pardo | @depunteirolo
A Xunta detén as fumigacións aéreas contra o gorgullo do eucalipto, logo de meses de presión e protestas por parte de varios movementos sociais. Así, nunha resposta oficial ao Valedor do Pobo, a Secretaría Xeral de Montes confirma que denegaron o permiso para o tratamento con agrotóxicos dende helicópteros "por contraviren unha directiva europea", segundo destaca nun comunicado a Plataforma contra as Fumigacións.
Tal e como explica esta plataforma, na última semana de novembro, o Valedor do Pobo contestou por escrito unha queixa presentada pola organización ecoloxista Adega, en representación da Plataforma contra as Fumigacións e por un Futuro sen Pesticidas, na que revela que as fumigacións aéreas contra o gorgullo do eucalipto "foron finalmente desautorizadas pola Xunta de Galicia despois de meses de intensa contestación social".
Segundo a información remitida pola Secretaría Xeral de Montes ao Valedor confírmase que a solicitude presentada pola empresa contratada por Aspapel foi denegada por non cumprir “os condicionantes previstos na directiva 128/2009/CE para este tipo de tratamentos”. A devandita directiva europea prohibe expresamente fumigar desde o aire cando existan outros métodos de combater unha praga, como é o caso nas plantacións de monocultivo de eucaliptos afectadas polo insecto Gonipterus scutellatus (gorgullo do eucalipto), "contra o que existen medios como a loita biolóxica, inicialmente posta en marcha pola propia Xunta de Galicia".
Xa que logo, a presión social, a mobilización e as continuas protestas ante unha perigosa iniciativa deu os seus froitos. Tal e como lembra a plataforma, a "alarma social" por estas fumigacións planificadas e financiadas pola industria do papel representada na Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel y Cartón (Aspapel), xurdiu en abril deste 2012, cando a Asociación Galega de Apicultores (AGA) avisou do que estaban a preparar "coa colaboración da Xunta de Galicia, asociacións forestais galegas e concellos gobernados polo PP".
Daquela creouse a Plataforma contra as Fumigacións, na que se integrarón organizacións como AGA, o Sindicato Labrego Galego, Adega, Verdegaia ou Fruga para alertar aos habitantes das extensas zonas que se ían ver afectadas. Chegou a xuntar en pouco tempo cen mil sinaturas contra o plan fumigatorio, ademais de realizar manifestacións e denuncias diante da Fiscalía. Ademais, e con motivo das recentes eleccións galegas, recibiu o apoio e compromiso de todos os grupos políticos que finalmente acadaron representación, agás do PP.
Tal e como acaba de confirmar o Valedor do Pobo, "as accións informativas e legais contra o plan deron os seus froitos e o goberno galego viuse obrigado a impedilas, unha vez a poboación estaba informada da súa perigosidade e da súa ilegalidade". Para este colectivo, a Xunta dá a entender na súa contestación ao Valedor "que se realizaron fumigacións parciais desde terra co mesmo produto, algo do que xa tivera constancia a Plataforma grazas á colaboración cidadá".
Así e todo, desde a organización consideran que a súa "intensa acción de denuncia e oposición evitou que o flufenoxurón fose masiva e indiscriminadamente fumigado sobre centos de milleiros de hectáreas por media Galiza".
Este pesticida foi catalogado como tóxico pola Unión Europea e, de feito, o seu uso quedará total e definitivamente prohibido a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2013. Entre os efectos nocivos deste insecticida “persistente e bioacumulable” está o de ser tóxico para as abellas e os animais acuáticos, acumulándose na cadea trófica e contaminando os cursos de auga. Tamén mata a propia avespa que se usa para a loita biolóxica contra o gorgullo e mesmo se teñen documentado casos de toxicidade en humanos.
Os representantes da Plataforma contra as Fumigacións consideran que se ten conseguido "unha vitoria nunha batalla importante", pero que é preciso "continuar o combate contra os pesticidas co obxectivo de conseguir que outros produtos prexudiciais para os nosos ecosistemas e a nosa saúde deixen de ser utilizados no país". Ademais, lembran que "se ten demostrado que enfermidades como o Parkinson son producidas por este tipo de produtos masivamente utilizados hoxe en día na agroindustria".
Por esta razón e para asegurar un futuro para a produción agrícola, gandeira e silvícola do país, a plataforma insiste en que "é preciso mudar de modelo produtivo e adoptar firmemente a agroecoloxía, eliminando tamén os monocultivos que, como o do eucalipto, son sumamente vulnerables a pragas cuxa eliminación acaba supoñendo riscos intolerables para a saúde pública e para o futuro da nosa produción alimentar".
Resposta do Valedor do Pobo á Plataforma contra as fumigacións | Plataforma contra as Fumigacións
A presión social consegue que a Xunta desautorice as fumigacións aéreas co pesticida Cascade | Plataforma contra as Fumigacións
Dedicado a todos aquellos que dicen que protestar no sirve de nada, que para eso ya votamos cada cuatro años, que para qué meterse en líos, que con los que mandan mejor no meterse no vaya a ser, que si total eso no arregla nada, que yo voy a lo mío, que tengo vez en la peluquería, que quedé para ver el partido por la tele con unos colegas, que bla bla bla bla bla....