La Xunta admite que cerró el presupuesto de 2011 en Septiembre para esconder el déficit

madmaxtimeiscoming

Madmaxista
Desde
25 Feb 2011
Mensajes
1.512
Reputación
2.991
Lugar
Onde o mundo se chama Galiza
El texto está en gallego. Viene diciendo que a Feijóo el Austero se le ocurrió la genial idea de cerrar el presupuesto de la Xunta 2011 en Septiembre para maquillar las cifras del déficit.

No se descarta que en 2012 cierren el presupuesto en junio, en 2013 en marzo, y así progresivamente.

A Xunta admite que pechou o orzamento en setembro para cumprir co déficit - Praza Pública

Cando un Executivo muda de cor política adóitase afirmar que os seus novos responsables "non gobernan" a efectos prácticos ata que dispoñen do seu propio orzamento. Tamén é un lugar común en política asegurar que a maior ou menor efectividade dun gobernante se mide na súa dilixencia á hora de administrar e executar as contas públicas. Malia ser tan comunmente aceptados, estes principios convértense en áridos conceptos e non menos densos debates á hora de avaliar a eficacia orzamentaria dos gobernos. Isto é precisamente o que aconteceu cando a semana pasada o PSdeG, primeiro a través do seu secretario xeral, Pachi Vázquez, e despois por medio da súa voceira económica, María José Caride, acusaban a Xunta de ter "trampeado" as cifras de déficit público ditando orde de peche do exercicio económico o 30 de setembro de 2011 ou, o que é o mesmo, non aceptando ningún compromiso de pagamento novo no último trimestre do ano. As verbas de Vázquez e Caride desataron unha airada reacción no Executivo, a comezar polo propio presidente, que non dubidou en acusalos de "mentir" e en cualificar de "indocumentado" ao líder socialista. Menos dunha semana despois a interventora xeral da comunidade autónoma, Almudena Chacón, admitía, con matices, a veracidade do afirmado polo PSdeG.

A interventora xeral sinala que a orde de peche se publicou en setembro para "disciplinar o gasto" e "garantir o cumprimento da estabilidade orzamentaria

Porque o que está en discusión non é unha escura operación de despacho, senón unha decisión regrada e publicada no Diario Oficial de Galicia o propio 30 de setembro de 2011 que, como ten detallado Praza Pública, supón que a Administración só paga os compromisos de gasto xa adquiridos e obrigas ineludibles, tales como o pagamento do transporte escolar ou das farmacias hospitalarias, entre outras. O que o economista Xabier Vence observa como unha forma de "ficción contable" regresaba este martes ao Parlamento. Caride retomaba o asunto en forma de pregunta en comisión; buscaba confirmar que a Xunta estivo "materialmente pechada" durante tres meses reclamando coñecer "cantos compromisos e obrigas de pagamento" asumiu o Executivo nos últimos meses do pasado ano.

Despois de detallar que "entre o 1 de agosto e o 31 de decembro" a "Administración xeral e o Sergas asumiron "compromisos por importe de 1.981,3 millóns" e tiveron "obrigas recoñecidas" por 5.313 millóns a interventora xeral sinalaba que a orde de peche do exercicio é "un instrumento para ordenar as operacións de peche", pero tameń para "garantir o cumprimento do compromiso de estabilidade orzamentaria", isto é, canto antes se efectúe o cerramento das contas, máis doado é cumprir cos compromisos asumidos perante o Estado e polo Goberno central perante a Unión Europea -neste caso, o obxectivo de déficit era do 1,5% e a Xunta rematou no 1,61%-. "Publicouse o 30 de setembro para disciplinar o gasto", admite Chacón, quen ademais afirma que este procedemento "non implica deixar de pagar", pero si "que non se inicien novos expedientes de gasto".

"Pecharon as portas, que cada un quede cos seus compromisos porque a Xunta non admite ningún", resume Caride

"Cre vostede, polo tanto, que nos equivocamos cando dicimos que botaron a chave?", cuestionou retoricamente Caride na súa quenda de réplica. "Pecharon as portas, que cada un quede cos seus compromisos porque a Xunta non admite ningún". Exceptuando compromisos inaprazables como o pagamento das nóminas, di a socialista, "na segunda metade do ano pagaron 145 millóns de euros", o que quere dicir que "en plena crise económica, cando as empresas precisan máis actividade e financiamento, en lugar de deixarlles tramitar as obras que xa teñen executadas paralizan e pechan a posibilidade de emitir certificación ningunha". "O motivo fundamental xa o dixo vostede", "cámbiase" a data de peche "para cadrar as contas". "É irresponsable quen o pecha, non quen di o que di o DOG", conclúe.

"Da miña intervención dedúcese que o pagamento de facturas é unha prioridade da Xunta", retomou a interventora xeral, evidenciando que os pagamentos do Goberno "se realizan unha vez que se teñen comprobadas a realización de investimentos ou das actividades subvencionadas". Pero, en definitiva, trátase de "non iniciar novos expedientes de gasto" nos últimos meses do ano "de cara ao cumprimento do obxectivo de estabilidade". "E coa situación de cumprimento do obxectivo o que se observa é que non podemos asumir novos compromisos se queremos pagar o que xa temos asumido", isto é, a Xunta non paga facturas novas para poder afrontar as vellas.
 

YOL

Madmaxista
Desde
26 Ene 2011
Mensajes
13.713
Reputación
17.587
La ingenieria contable creativa es el mejor invento que existe, puedes hacer todo tipo de estafas y encima son legales,


Como los politicos hacen las leyes y colocan a dedo jueces y fiscales, no hay problema
 

plakaplaka

Madmaxista
Desde
18 Sep 2007
Mensajes
21.546
Reputación
26.540
Al Feijons cada día se le ve más el cartón.

PD Hilo derivando a ardoroso debate lingüístico en 3,2,1...
 

kingcalla!

Madmaxista
Desde
28 May 2012
Mensajes
106
Reputación
344


A Frijolio solo hay un maquillaje que le gusta más que el del déficit: el que le dan en la telefacha. Seguro que le pagan con corticoles.

Galiza..unha mágoa, emigrar ou loitar, non queda outra.