Viene en gallego,esta es la informacion que me han dado
Bo día:
Como saben, unha vez concluida a vacinación aos usuarios e traballadores de residencias sociosanitarias, mañá día 13 de xaneiro comeza a vacinación fronte a COVID no persoal sanitario, polo que envíamos este correo co fin de solventar dúbidas:
Que vacina se vai usar nos profesionais?
A primeira vacina aprobada pola Axencia Europea do Medicamento, coa que se inicia está campaña, denomínase Comirnaty e foi producida polos laboratorios Pfizer e BioNTech. A vacinación completa consiste na administración de duas doses separadas cun intervalo mínimo de 3 semanas. Esta vacina está baseada na tecnoloxía do ARN mensaxeiro e non contén axentes infecciosos nin fragmentos do virus, polo que non existe o perigo de provocar a enfermidade.
A vacinación está indicada a todo persoal sanitario que non presente algunha contraindicación á mesma.
Cales son as contraindicacións a vacinación?
Contraindicacións absolutas:
- Reacción anafiláctica confirmada a unha dose previa.
- Reacción anafiláctica comprobada a calquera compoñente da vacina.
- Estar con aillado por infección activa por SARS-CoV-2 ou en corentena.
En caso de antecedentes de reacción alérxica grave a algún fármaco ou a outras vacinas recoméndase consultar co médico ou co servizo de Medicina Preventiva.
Contraindicacións relativas / temporais:
- Menores de 16 anos de idade, debido a que aínda non existen datos suficientes sobre a seguridade en embarazadas.
- Embarazo, debido a que aínda non existen datos suficientes sobre a seguridade en embarazadas.
- Mulleres lactantes.
Lista de excipientes:
- ALC-0315 = (4-hidroxibutyl) azanodiil)bis (hexano-6, 1 diil)bis(2hexildecanoato)
- ALC-0159 = 2[(poliethilene glicol)-2000]-N,N-ditetradecilacetamida
- 1,2-Distearoil-sn-glicero-3-fosfocolina (DSPC)
- colesterol
- cloruro potásico
- fosfato dihidroxeno de potasio
- cloruro sódico
- hidróxeno fosfato disódico dihidrato
- sacarosa
- auga para inxección
|
Podo vacirnarme se xa padecín a enfermidade?
O feito de ter padecido a enfermidade, ainda con demostración de anticorpos (detección IgG en sangue) NON é unha contraindicación a vacinación e está recomendada a menos que presenten infección activa neste momento.
Podo vacinarme se estou inmunodeprimido?
A inmudopresión, sexa innata ou adquirida (farmacolóxica ou por VIH / SIDA ou outras patoloxías) NON é unha contraindicación a vacinación; débese ter en conta que nestas persoas a efectividade vacinal pode verse disminuida.
Podo vacinarme se tomo anticoagulantes?
Se está con terapia anticoagulante debe vacinarse, pero informe ao persoal de enfermería antes de administrar a vacina. Neste caso recoméndasse usar unha agulla de calibre 25 ou 23 e manter a presión sobre o lugar de inxección polo menos 2 minutos.
Interaccioa con outras vacinas?
Debido á ausencia de datos, polo momento non debe administrarse a vacina conxuntamente con outras e recoméndase deixar un intervalo de 7 días dende a administración da vacina fronte a COVID antes e despois de administrar outras vacinas.
Cales son os efectos adversos máis frecuentes?
A maioría dos efectos adversos descritos ata este momento son leves e desaparecen aos poucos días de recibir a vacina (incluida a reacción alérxica severa). Os efectos adversos máis frecuentes son dor local (83%), febre (4%), calafríos (14%), cefalea (42%), fatiga (47%), dor muscular (21%), dor articular (11%).
Estimase unha eficacia de protección do 95 % pasados 7 días despois da segunda dose, polo que non debemos baixar a garda, sobre todo no contesto actual, de inicidencia crecente da enfermidade a nivel comunitario e con abrochos activos no hospital.
Onde se van administrar as vacinas?
Haberá un punto de vacinación único situado na primeira planta, do edificio D, nas dependencias administrativas da Fundación IDIS.