El pueblo cerca la residencia ofical de Feijoo

Chuck Norris

Madmaxista
Desde
25 Sep 2010
Mensajes
7.795
Reputación
7.975
Lugar
EUA
A carraxe polas preferentes peta na porta da casa de Feijoo









Marcos Pérez Pena

<figure class="lightbox"> </figure> <figure class="lightbox"> </figure>
Até a mesma porta da casa de Núñez Feijoo. A protesta dos milleiros de afectados polas preferentes, despois de meses de mobilizacións, chegou este sábado até Montepío, sede da residencia oficial do presidente da Xunta, ao que acusan de ser "cómplice" da estafa. As plataformas de afectados de afectados da Coruña, do Baixo Miño, do Morrazo, de Bergantiños, de Ferrolterra, da Costa da Morte, de Monforte..., de toda Galicia, desprazáronse nesta ocasión até Compostela no comezo dun mes que pode ser crucial para o desenlace deste conflito.
Denuncian que o proceso de arbitraxe está paralizado dende hai uns días, o que atribúen a que o proceso para resolver a situación a través do canxe se está acelerando para cumprir os prazos marcados polo ministro de Economía
De Guindos anunciou hai unhas semanas que antes do remate de febreiro estaría concluido o proceso de canxe das participacións preferentes por accións e aplicada a quita correspondente en cada caso, pola que os afectados perderían máis ou menos a metase dos seus cartos. Porén, as plataformas de afectados que este sábado se manifestaron en Compostela rexeitan a quita e o canxe por accións: "Non vai haber quita para nós. Se todos estamos convencidos de que non vai haber quita non a vai haber". E denuncian, ademais, que o proceso de arbitraxe está paralizado dende hai uns días, o que atribúen a que o proceso para resolver a situación a través do canxe se está acelerando para cumprir os prazos marcados polo ministro de Economía. O 23 de febreiro está convocada unha nova manifestación na Coruña, nun momento no que este proceso anunciado estará máis avanzado.
A manifestación partiu da Alameda baixo unha chuvia que a acompañou de forma intermitente durante todo o percorrido pola zona vella de Compostela. Na marcha participaron moitos representantes das forzas da oposición, dende Sánchez Bugallo ou Méndez Romeu polo PSdeG-PSOE, Juan Fajardo, Antón Sánchez ou Xabier Ron de AGE, ou Carlos Aymerich, Francisco Jorquera, Guillerme Vázquez ou Carme Adán polo BNG. Escoitáronse os xa habituais berros de "non hai pan para tanto chourizo" ou "politicos e banqueiros, todos ao caldeiro" e as acusación de "ladróns" cada vez que a marcha pasaba por unha oficina de NGB. Pero nesta ocasión máis ca nunca as críticas tiñan como destinatario o Partido Popular.
Os afectados denuncian que os populares "fixeron a campaña a conta nosa. Prometéronnos a devolución dos cartos a todos os afectados e afectadas"
O manifesto foi lido por Pilar Domínguez, unha muller de 85 anos de Compostela que perdeu os seus aforros. Na lectura, dura e emotiva, pediulle a Núñez Feijoo que se puxese do seu lado: "enchíaselle a boca despois das eleccións dicindo que ía ser o presindente de todos os galegos. Como vai ser o noso presidente cando está máis preocupado por quedar ben diante dos seus xefes en Madrid que por arranxar este latrocinio escandaloso? Señor Feijoo: vostede sabía que se estaba roubando e non fixo nada". E concluíu: "Non nos chegaba con ser estafados polos bancos que agora nons chega o espolio por parte do Goberno. E que non lle boten a culpa a Bruxelas: a competencia para resolver isto é do Banco de España e da CNMV".
"Señor Feijoo: vostede sabía que se estaba roubando e non fixo nada"
Os afectados denuncian que os populares "fixeron a campaña a conta nosa. Prometéronnos a devolución dos cartos a todos os afectados e afectadas", denuncian que isto constitúe "unha burla aos cidadáns" e conclúen que "din que están aí porque os cidadáns os votaron pero a verdade é que están aí porque nos enganaron". Criticaron con dureza a Feijoo e tamén a Montoro, De Guindos, Rajoy ou Gallardón pero levaron tamén a súa denuncia até o nivel máis local da politica: "aquí hai responsables. Responsable é o señor Feijoo pero é tamén responsable todo aquel que represente o Partido Popular e temos que ir a buscalos a casa se fai falla".
"O PP quérenos roubar e non se pode estar a dúas bandas. Os alcaldes e concelleiros do PP deben presentar a súa dimisión. E se non nós temos que obrigalos"
Na súa denuncia esixenlles aos alcaldes e concelleiros do Partido Popular nas súas localidades que escollan entre defender os veciños e defender o Partido Popular: "o PP quérenos roubar e non se pode estar a dúas bandas. Os alcaldes e concelleiros do PP deben presentar a súa dimisión. E se non nós temos que obrigalos".
A carraxe polas preferentes peta na porta da casa de Feijoo - Praza Pública
 

Desi

Madmaxista
Desde
14 Ago 2007
Mensajes
8.145
Reputación
8.125
Asi se hace, a nivel local. En cada ayuntamiento o casa particular es donde se les acorrala. Que les de verguenza salir a la calle.

Lastima que solo lo hacen cuyo bolsillo se ha visto afectado directamente, como los de las preferentes, los demas quizas no se den cuenta que han sido robados igualmente.
 
Última edición:

nominefi

Madmaxista
Desde
12 Jul 2012
Mensajes
2.874
Reputación
3.444
Lugar
Pandora
El pueblo es petulante, hae 4 días le votan en masa y hoy van a su casa, a que?!?! :roto2::roto2:

Se protesta con el sobre (me refiero a los votos) y la cajita señores, no dando pol trastero a los vecinos de este señor, que ahora que ya tiene el puesto se la pela.

Pais de pandereta
 

Ponfiticio

Madmaxista
Desde
19 Dic 2012
Mensajes
213
Reputación
491
Los gallegos no escarmientan, las preferentes son anteriores a las ultimas elecciones y aun le dan mayoria absoluta al PP
 

Janus

Será en Octubre
Desde
18 Ago 2011
Mensajes
39.605
Reputación
63.101
A ver si se animan y lo asaltan. No se hacen prisioneros.
 

Chuck Norris

Madmaxista
Desde
25 Sep 2010
Mensajes
7.795
Reputación
7.975
Lugar
EUA
Los gallegos no escarmientan, las preferentes son anteriores a las ultimas elecciones y aun le dan mayoria absoluta al PP
Mayoría absoluta del 25% del censo electoral es una curiosa mayoría. Por otra parte, estos manifestantes declaran (copio de la noticia)

"din que están aí porque os cidadáns os votaron pero a verdade é que están aí porque nos enganaron".

Un saludo.