Noticias idealista.com:
  Burbuja.info - Foro de economía > Foros > Política > A GREVE GERAL na Galiza. minuto a minuto
Respuesta
 
Herramientas Desplegado
  #1 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:02
Avatar de Chuck Norris
Ilustrísimo y grandísimo miembro de la élite burbujista
 
Fecha de Ingreso: 25-septiembre-2010
Ubicación: EUA
Mensajes: 5.819
Gracias: 2.391
5.666 Agradecimientos de 2.090 mensajes
Ignorar usuario para siempre


A rúa viguesa de Urzáiz amenceu ateigada de simboloxía da CIG e bandeiras da Patria, concidindo co percorrido da manifestación do 29-M.



A Federación Sindical Mundial -FSM- en representacion de 82 millóns de afiliados do cinco continentes, expresa a súa solidariedade de clase coa FOLGA XERAL convocada pola CIG de Galiza como rexeitamento e condena á brutal reforma laboral do goberno neoliberal de España por mandado da tenebrosa TROIKA: FMI, Banco Central Europeo e Comisión Europea. Organizacións sindicais internacionais envían mensaxes de solidariedade e apoio á CIG, con motivo da convocatoria de folga xeral | Confederación Intersindical Galega
__________________

Responder Citando
  #2 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:04
Avatar de Chuck Norris
Ilustrísimo y grandísimo miembro de la élite burbujista
 
Fecha de Ingreso: 25-septiembre-2010
Ubicación: EUA
Mensajes: 5.819
Gracias: 2.391
5.666 Agradecimientos de 2.090 mensajes
Ignorar usuario para siempre


Cobertura especial da xornada de folga xeral (en constante actualización)
28/03/2012 por cig Publicado en: Novas

21.58

#folgaxeral é o hashtag para seguir nas redes sociais a folga. Empregádea.
Comparte e difunde!

21.45

Preguntas frecuentes sobre a Folga Xeral Preguntas frecuentes | Folga Xeral do 29 de marzo
Comparte e difunde!

21.36

A Federación Sindical Mundial -FSM- en representacion de 82 millóns de afiliados do cinco continentes, expresa a súa solidariedade de clase coa FOLGA XERAL convocada pola CIG de Galiza como rexeitamento e condena á brutal reforma laboral do goberno neoliberal de España por mandado da tenebrosa TROIKA: FMI, Banco Central Europeo e Comisión Europea. Organizacións sindicais internacionais envían mensaxes de solidariedade e apoio á CIG, con motivo da convocatoria de folga xeral | Confederación Intersindical Galega
Comparte e difunde!

21.26

Nas empresas que teñan varias quendas, o comezo da folga terá lugar na 1ª quenda aínda que comece antes das 00h e finalizará unha vez rematada a última quenda, aínda que se prolongue despois das 24h do 29M.
Comparte e difunde!

21.14

PAME grego felicita á CIG e expresa «a súa solidariedade e apoio á folga xeral en Galiza» enviando así «unha mensaxe de resistencia ás medidas que impón o goberno da España» Organizacións sindicais internacionais envían mensaxes de solidariedade e apoio á CIG, con motivo da convocatoria de folga xeral | Confederación Intersindical Galega
Comparte e difunde!

21.07

CTC cubana envía a súa solidariedade á CIG: «Os hacemos llegar nuestra solidaridad y apoyo en las luchas que estáis enfrentando, estamos seguros que como siempre los sindicatos y los trabajadores lograrán sus empeños frente a las políticas neoliberales y globalizadoras del poder económico.»
Comparte e difunde!

21.03

CGTB do Brasil saúda a CIG: «O voso exemplo amosa que a crise que afunde os EUA, provocada polos monopolios e a especulación, e que queren someter os pobos mediante a sumisión dos gobernos lambe-botas, terá que ser derrotada nas rúas, cos traballadores mobilizados»
__________________

Responder Citando
Estos 2 usuarios dan las gracias a Chuck Norris por su mensaje:
  #3 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:07
Avatar de Chuck Norris
Ilustrísimo y grandísimo miembro de la élite burbujista
 
Fecha de Ingreso: 25-septiembre-2010
Ubicación: EUA
Mensajes: 5.819
Gracias: 2.391
5.666 Agradecimientos de 2.090 mensajes
Ignorar usuario para siempre



NÓS-Unidade Popular chama a participar ativamente na jornada de greve geral do 29m

NÓS-Unidade Popular chama a participar ativamente na jornada de greve geral do 29m | NÓS-UP | Desde a esquerda construimos a independência
__________________

Responder Citando
  #4 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:11
Avatar de Chuck Norris
Ilustrísimo y grandísimo miembro de la élite burbujista
 
Fecha de Ingreso: 25-septiembre-2010
Ubicación: EUA
Mensajes: 5.819
Gracias: 2.391
5.666 Agradecimientos de 2.090 mensajes
Ignorar usuario para siempre



Já chega a greve geral. A juventude obreira em pé

Desde setembro de 2010, os sindicatos com capacidade de convocatória completam este março três greves gerais que, com franqueza, parecem nom ter sido suficientes.

Ao longo destes 16meses, a luita obreira nom se tem cingido no entanto às três principais jornadas de paro. Som numerosas as mobilizaçons, concentraçons e atividades de protesto havidas para denunciar e enfrentar a grave ofensiva do capital contra o povo trabalhador. A nossa organizaçom forma parte deste “dispositivo social” de contestaçom. Temos editado posicionamentos, publicado análises, e tomado as ruas com mensagens de chamamento a revelar-se hoje, aqui, e agora.

Nesta data inicialmente promovida pola CIG, BRIGA continuará a estar aí. Nom o faremos por acaso. Faremo-lo porque dedicamos a nossa atividade política, com greves ou sem elas, a mobilizar consciências e unir braços no imenso labor de frear as medidas patronais implementadas polos governos burgueses, monicreques do grande capital.

Imos caminho de cargar com a primeira geraçom desde a última ditadura militar espanhola em retroceder nos direitos sociolaborais herdados dos e das nossas maiores. E este fracasso social deve ser revertido. Ademais, as jovens galegas, mais eventuais, pior pagadas, mais exploradas e maltratadas, acumulam um peso insuportável. E esta contradiçom deve ser resolvida.

Esta soma de aparentes fracassos é na realidade um ponto de inflexom histórico. Um momento em que a acumulaçom de contradiçons se tem tornado tam insuportável que as leis da história obrigam a mudar o rumo. Mas… quem escreve estas leis? Quem vigia o seu cumprimento? Ninguém o vai fazer por nós. A juventude autoorganizada é a lei genuína, a garantia plena de que a transformaçom social é possível e urgente, e que na greve como no resto de dias, na escola, nas ruas, no trabalho ou na família, o melhor exemplo de dizer é fazer. Fazer reais os piores pesadelos dos capitalistas: espalhar a raiva da juventude e virar a atonia em maré vermelha.

Rebelar-se no presente, revelar o futuro!

Viva a luita obreira! Viva a greve geral!
__________________

Responder Citando
  #5 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:12
Avatar de Chuck Norris
Ilustrísimo y grandísimo miembro de la élite burbujista
 
Fecha de Ingreso: 25-septiembre-2010
Ubicación: EUA
Mensajes: 5.819
Gracias: 2.391
5.666 Agradecimientos de 2.090 mensajes
Ignorar usuario para siempre
En Zara Loxística (Arteixo) non entrou ningún traballador/a da quenda de noite.

O Porriño: nula actividade nas primeiras quendas no polígono das Gándaras.
__________________

Responder Citando
Estos usuarios dan las gracias a Chuck Norris por su mensaje:
  #6 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:15
Avatar de señor lobo
Grandísimo Gurú burbujista
 
Fecha de Ingreso: 04-enero-2010
Mensajes: 3.493
Gracias: 847
1.987 Agradecimientos de 951 mensajes
Ignorar usuario para siempre
putos nazis
Responder Citando
  #7 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:15
Avatar de ulisses
Grandísimo miembro de la élite burbujista
 
Fecha de Ingreso: 12-octubre-2008
Mensajes: 4.948
Gracias: 5.406
5.891 Agradecimientos de 2.350 mensajes
Ignorar usuario para siempre
¿Hay huelga general en Portugal?
__________________

En todos los tratos o negocios en los que vayas a tomar parte, mira a tu alrededor y busca al tonto. si no lo encuentras....ya sabes quien es el tonto.
Swift, Jonathan (1667–1745)
Responder Citando
Estos 2 usuarios dan las gracias a ulisses por su mensaje:
  #8 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:18
Avatar de Chuck Norris
Ilustrísimo y grandísimo miembro de la élite burbujista
 
Fecha de Ingreso: 25-septiembre-2010
Ubicación: EUA
Mensajes: 5.819
Gracias: 2.391
5.666 Agradecimientos de 2.090 mensajes
Ignorar usuario para siempre
A rotativa de La Voz de Galicia (A Coruña) foi posta en marcha polo encargado, a única persoa que acudiu a traballar.

galizacig A planta de residuos de Albada (A Coruña) en servizos mínimos. #folgaxeral
__________________

Responder Citando
Estos usuarios dan las gracias a Chuck Norris por su mensaje:
  #9 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:19
Avatar de Chuck Norris
Ilustrísimo y grandísimo miembro de la élite burbujista
 
Fecha de Ingreso: 25-septiembre-2010
Ubicación: EUA
Mensajes: 5.819
Gracias: 2.391
5.666 Agradecimientos de 2.090 mensajes
Ignorar usuario para siempre
contradiscurso Os primeiros datos da quenda de noite comezan a confirmar a previsión dunha masiva #FolgaXeral en Galiza. +Info: ow.ly/9WiV7 #fb
__________________

Responder Citando
  #10 (permalink)  
Antiguo 28-mar-2012, 22:42
Avatar de Chuck Norris
Ilustrísimo y grandísimo miembro de la élite burbujista
 
Fecha de Ingreso: 25-septiembre-2010
Ubicación: EUA
Mensajes: 5.819
Gracias: 2.391
5.666 Agradecimientos de 2.090 mensajes
Ignorar usuario para siempre
Comunicado conxunto dos sindicatos nacionalistas para a folga xeral do 29-M
27/03/2012


As organizacións sindicais CIG, ELA, LAB, ESK, STEE-EILAS, Intersindical Canaria, CUT e Intersindical –CSC, veñen de emitir unha declaración conxunta chamando á cidadanía de Canarias, Euskal Herria, Galiza e os Països Catalans a secundar activamente a folga xeral do próximo 29 de marzo.




Declaración conxunta do sindicalismo nacional canario, vasco, galego e catalàn ante a convocatoria de folga xeral do próximo 29 de marzo

Nos últimos anos sufrimos ataques aos intereses das clases populares por parte dos sucesivos gobernos de Madrid e autonómicos. Esta ofensiva desregulamentadora coincide coa substitución do capitalismo produtivo polo capitalismo especulativo, de carácter financeiro, responsable da crise global de dimensións impensábeis.

Neste marco, a reforma das pensións, os recortes de dereitos sociais e laborais, coinciden no tempo cunha desregulamentación do ámbito laboral, en forma de reforma, que remata a destrución do ámbito público, todo baixo o dogma neoliberal imperante.

As organizacións sindicais que subscribimos este documento, imbricadas nos nosos respectivos países e coas súas clases populares, non queremos permanecer como espectadores deste desmantelamento de todo aquilo que fai referencia ao ámbito público e á protección social, pezas esenciais da cohesión e da xustiza social. Plantemos cara e convertámonos nun muro de contención ante esta onda de ataques directos contra o benestar e o futuro das clases populares.

Por iso opómonos frontalmente a unha reforma laboral que deixa en total indefensión ás traballadoras e traballadores, nun mercado laboral desregulamentado e a mercé, exclusivamente, dos antollos e necesidades empresariais, onde os convenios colectivos se converten en papel mollado e no que as relacións laborais, lonxe de avanzar en dereitos, achéganse perigosamente ás arcaicas relacións feudais. Opómonos a unha reforma que só facilita a expulsión do mercado laboral en lugar de facilitar o acceso ao traballo das cidadás e dos cidadáns e que, xa que logo, converterase nunha nova ferramenta de precarización e de incremento da desocupación.

Por todo iso, queremos dar unha resposta clara e inequívoca de oposición a esta reforma laboral cunha folga xeral que deixe claro que os cidadáns e as cidadás non aceptaremos este ataque directo contra os dereitos sociais. Unha mobilización que ten que ser a resposta tamén contra os ataques que sufrimos como pobos e como clase, para avanzar así na consecución de marcos de relacións laborais e protección social propios e cara á liberación nacional e social dos nosos países.

Por estes motivos, e desde a nosa convicción internacionalista, facemos un chamamento á cidadanía de Canarias, Euskal Herria, Galiza e os Països Catalans para secundar activamente a folga xeral do próximo 29 de marzo.

Viva a Clase Traballadora!

Viva Canarias libre!

Gora Euskal Herria askatuta!

Viva Galiza ceibe!

Visquin els Països Catalans lliures!

Martes, 27 de marzo de 2012.

Intersindical Canaria

ELA, LAB, STEE-EILAS, EHNE e HIRU

CIG, CUT

Intersidical-CSC

Comparte e difunde!
__________________

Responder Citando
Respuesta

Etiquetas
eu! lo cualo?, facendo o gañán en galego trospido, mi me conmigo, nomenterodená, ¿dónde dices que graniza?, ¿por donde se va a la greve?

Herramientas
Desplegado

  Normas de Publicación
No puedes crear nuevos temas
No puedes responder mensajes
No puedes subir archivos adjuntos
No puedes editar tus mensajes

Los Códigos BB están Activado
Las Caritas están Activado
[IMG] está Activado
El Código HTML está Activado
Trackbacks are Activado
Pingbacks are Activado
Refbacks are Desactivado


Temas Similares
Tema Autor Foro Respuestas Último mensaje
Tablero Deportivo. Siga la clasificación minuto a minuto. Jose Hinojosa Cobacho Burbuja Inmobiliaria 15 23-jul-2012 20:22
Partido da Terra apoia a GREVE GERAL Chuck Norris Política 0 19-mar-2012 21:44
Los políticos en twitter: herramienta de seguimiento minuto a minuto Trecet Política 0 04-nov-2011 21:56
El Ministerio de Interior conoció minuto a minuto la colaboración con la ETA mflopez Política 2 21-sep-2010 00:22
"presunta" corrupcion minuto a minuto jose miguel malaga Burbuja Inmobiliaria 15 17-nov-2009 22:38


La franja horaria es GMT +2. Ahora son las 16:33.

Gravatar as Default Avatar by 1e2.it

Content Relevant URLs by vBSEO 3.6.0