Galicia Confidencial :: Galicia perdeu 141.000 postos de traballo desde o comezo da crise Galicia perdeu 141.000 postos de traballo desde o comezo da crise
CC OO reclama un modelo produtivo diferente para poder afrontar a actual conxuntura económica
Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/04/2012
CC OO presentou este mércores o estudo 'A crise do emprego'. Unha análise da EPA en Galicia. Unha das principais conclusións deste documento é que en Galicia se perderon 141.000 postos de traballo desde o inicio da crise, hai xa tres anos e medio.
Segundo o economista Manuel Lago, desde o inicio da crise as provincias máis afectadas foron Ourense, onde se destruíron 21.5000 empregos (un 16%), e Pontevedra, cunha caída do 14%. Pola súa banda, A Coruña, onde predomina o sector dos servizos, a baixada foi do 6,2%, mentres que en Lugo desapareceron o 4,6% dos postos de traballo.
O 90% do emprego que se perdeu foi nos sectores da construción e a industria. Pola súa parte, o sector dos servizos evolucionou mellor, pero «comeza a amosar síntomas de debilidade», indicou Lago. Exemplo deste «desastre industrial» é o sector da madeira, que perdeu o 47% do volume de traballadores e traballadoras, o téxtil (−26%), o naval (−25%) ou a automoción (−23%).
Como proba de que o problema non é o modelo de relacións laborais ou a suposta rixidez do mercado de traballo, o relatorio elaborado polo sindicato revela que 75.000 persoas asalariadas (o 8% do total) perderon o seu posto de traballo, así como 16.000 autónomos sen empregados ao seu cargo.
45.000 mozos
Desde que comezou a crise, case 80.000 galegos e galegas cun contrato temporal perderon o seu emprego, ao igual que 45.000 mozos e mozas menores de 25 anos —a metade dos traballadores e traballadoras nesta faixa de idade.
Así as cousas, a secretaria de Emprego de CC OO de Galicia, Maica Bouza, avogou por procurar outro modelo de desenvolvemento para que o noso país poida saír da actual conxuntura económica, pois a tendencia é a continuar perdendo postos de traballo.
Para evitar que Galicia se converta nun «deserto industrial», reclamou políticas activas de emprego, medidas encamiñadas ao reequilibrio territorial e unha reforma do sistema financeiro que facilite a supervivencia das empresas e contribúa a incentivar o consumo. Bouza tamén esixiu modificacións «profundas» no sistema fiscal para combater a fraude e incrementar os ingresos. Galiciaé - Galicia, entre las CC AA donde más bajó el número de extranjeros afiliados Galicia, entre as CC AA onde máis baixou o número de estranxeiros afiliados
19/04/2012 - Galiciaé LV / Axencias
Galicia tivo en marzo un total de 33.697 traballadores estranxeiros afiliados á seguridade social, o que representa 1,99 % do total de España, segundo datos divulgados hoxe polo Ministerio de Emprego.
Cataluña e Madrid son as comunidades que concentran o maior número de afiliados estranxeiros con 21,90 % e 21,48 % respectivamente, seguidas de Andalucía e Valencia con 12,98 % e 10,68 %.
España rexistrou en marzo un total de 1.690.728 traballadores estranxeiros afiliados ao sistema de seguridade social, o que supón unha variación interanual de -4,88 %, e Galicia tivo 33.697, un descenso de 7,88 %.
Entre os traballadores estranxeiros en Galicia destacan por nacionalidades os portugueses (7.714), romaneses (2.436) e italianos (1.032), do total de 13.708 residentes doutros países da Unión Europea; así como os colombianos (2.381), brasileiros (2.095), peruanos (1.652), marroquís (1.561), chineses (1.374), dominicanos (1.343), arxentinos (1.039) e uruguaios (1.024). Galicia, la comunidad que ms poblacin pierde en Espaa Galicia, la comunidad que más población pierde en España
Según el avance del Padrón 2012 que ha publicado el INE, hay 16.509 residentes menos en el territorio gallego. España gana 22.497 habitantes, pero se reduce la población inmigrante en 40.447
La Voz
Redacción 19 de abril de 2012 12:14
A 1 de enero del 2012, Galicia tenía 16.509 habitantes menos que en la misma fecha del año 2011. La comunidad lidera la clasificación de territorios autonómicos que pierden población en España, tanto en términos absolutos como relativos, según el avance del Padrón 2012 hecho público hoy por el Instituto Nacional de Estadística (INE).
En Galicia residían a comienzos de año 2.778.913 personas, un 0,6 % menos que doce meses antes. Otras cuatro comunidades también pierden habitantes: son Castilla y León (-15.050), Canarias (-11.720), Asturias (-4.397) y Extremadura (-2.662). Las que suben son Cataluña (con 25.985 personas más), Andalucía (con 13.579) y País Vasco (con 7.116).
En el conjunto de España la población aumenta muy ligeramente hasta los 47,2 millones de personas. Solo hay 22.497 habitantes más, pese a que sube el número de españoles residentes en 62.944 personas. Y es que se reduce el número de inmigrantes en 40.447 personas.
Ahora hay 5.711.040 extranjeros, lo que representa el 12,1% del total de inscritos. En Galicia hay 111.332 emigrantes, lo que supone el 4 % de la población gallega. El incremento frente al 2011 es de 864 personas.
Última edición por Serpiente_Plyskeen; 20-abr-2012 a las 14:17 |